Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Os usuarios de Aspadex poderán saír de acampada

Os usuarios de Aspadex poderán saír de acampada
Visita de Carlos Oliete a Aspadex

Esta mañá de venres 27 de setembro de 2013, Aspadex asinaba un convenio moi importante. Facíao co Grupo Ferroatlántica, permitindo á asociación poñer en marcha un programa de lecer inclusivo que contempla diferentes saídas cos usuarios con discapacidad intelectual dos distintos centros cos que conta ASPADEX na Costa da Morte.

Esta colaboración suscítase de forma permanente, non só para o desenvolvemento das actividades programadas para este ano, senón tamén para o desenvolvemento do proxecto nos anos sucesivos.

Concretamente en 2013, contémplanse cinco saídas a distintos puntos de Galicia para os usuarios do Centro de Día e tres para os do Centro Ocupacional. Así mesmo, prevese que todos os usuarios de ASPADEX participen nunha acampada de tres días no camping municipal de Ourense, onde coñecerán a cidade e as termas de Untes.

Segundo explicou Evaristo Lema, "con esta iniciativa, pretendemos ofertar ás persoas con discapacidad intelectual de ASPADEX unha oportunidade de lecer e tempo libre como forma de incrementar a súa calidade de vida. É importante favorecer o goce autónomo do tempo libre, potenciar as súas relacións interpersonales, as súas habilidades e destrezas, e mellorar a súa autoestima". Emilio Lema agradeceu a implicación de Ferroatlántica e do seu director, Carlos Oliete, "que recibiu a iniciativa con entusiasmo, como todas as propostas que lle suscitamos ata a data".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

Comentarios