Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Rescatada nas rochas entre Gures e o Ézaro unha persoa que caera ao mar

Praia de GUres Aerea
Rescatada nas rochas entre Gures e o Ézaro unha persoa que caera ao mar

Bombeiros e a Garda Civil desprazáronse a últimas horas da mañá deste venres, 14 de xullo, á praia de Gures, tras ser alertados pola existencia dun home que se tirou ao mar e que estaba en apuros.  A persoa atopábase nas rochas nunha zona de difícil acceso, tras ser arrastrada pola corrente.

Os particulares que estaban na zona axudaron a saír da auga ao implicado. Con todo, a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só se podía achegar a uns centos de metros de distancia, e as difíciles condicións do terreo, rochoso e con tramos de monte, levaron a que, consciente pero aturdido, fóra acompañado ola Garda Civil e dous veciños, ata o helicoptero de Salvamento Helimer que o desprazou ao Hospital.

Comentarios