Domingo. 05.02.2023
El tiempo

C3M: Estado de saúde do Centro de Coñecemento

C3M: Estado de saúde do Centro de Coñecemento
As obras do edificio da Rúa Magdalena que albergará o Centro de Coñecemento de Cee C3M están bastante avanzadas

Parece que en marzo de 2013 estará finalmente operativo o Centro de Coñecemento (C3M). Ou alomenos así nolo explica o secretario da promotora, a Asociación Neria, Xan García. Cómpre lembrar que o centro ía estar en funcionamento en xuño de 2011 e que a día de hoxe "tan só falta un investimento de 18.000€ para pintura e outros remates no piso", segundo nos explica.

I é que falamos dun proxecto que debería ser moi importante para o desenvolvemento tecnolóxico da bisbarra. Falamos dun proxecto, teoricamente "pioneiro e innovador", que conta cun investimento de 1,2 millóns de euros, achegados pola Deputación da Coruña e o Plan Avanza do Ministerio de Industria, e que pretente servir de viveiro de empresas, ademais de ofrecer os servizos de asesoramento e promocionar a dinamización do tecido empresarial máis tecnolóxico.
Polo de pronto, unha das empresas punteiras da bisbarra como é Galinus e QPC, non recibiu ningunha clase de invitación nin información, se ben xa hai dúas empresas de Mazaricos que comezarán as súas actividades co C3M, e que poderán disfrutar, de balde, dun ano de oficina, con ordenador, e asesoramento.

Apunta Xan García que "vai ser un edificio versátil, funcional, non son unhas oficinas estáticas", e sobre todo, destaca que vai ser un "lugar vivo, dinamizador, con diversidade de actuacións". Apunta que vai poñerse en funcionamento un programa da Igualdalde da Muller, un para a 3ª idade, outro para a xuventude, e mesmo para loitar contra o paro.

Un ano de contratación e "promoción"

Con todo, despois dun ano de contrato, os 3 traballadores (un Director e 2 Técnico de proxectos) do Centro de Coñecemento (C3M) remataron o seu contrato. E polo de pronto non foron renovados, se ben Xan apunta que cando se poña en funcionamento se volverán a contratar, e asegura que no futuro, "coa que está caendo, esta forma de facer os contratos por tempos concretos en función dos programas abertos, terá que ser unha práctica habitual".

Durante este ano, os traballadores, contratados tras un proceso de elección sen apenas publicidade, adicáronse a visitar algunhas vilas da bisbarra facendo de "guías" na unidade móbil do centro, unha caseta de obra que serviu para "achegar o C3M á veciñanza". Unhas accións consistían en aparcar no porto do lugar e esperar que a xente entrara a preguntar.

Ademais, durante este ano tamén de adicaron a viaxar pola península, "tomando nota", de outras iniciativas semellantes. Como a viaxe a Cataluña que realizaron o pasado verán os 3 técnicos ademais do Secretario da entidade, Xan García, que será o Xerente do Centro, acompañados tamén dun "asesor externo".

"O futuro da Neria"

Repetimos que falamos dun proxecto de enorme dimensión, e que hai quen pensa que se trata do "futuro da Asociación Neria", como nos apuntaba o su ex presidente Ramón Vigo.
Un Vigo que repasaba os obxectivos do centro, que, dende logo, esperemos que poida ser unha realidade: "Haberá un viveiro de empresas para que quen queira arrancar o seu proxecto teña un pequeno despacho e poida desfrutar das tecnoloxías do centro abonando un pequeno alquiler. Os técnicos, que xa están traballando, prepararán as propostas para concursar nas ofertas que se plantexen, vai ter unha parte divulgativa e vai estar adicada á Sociedade da Información e ás novas teconoloxías fundamentalmente".

Estaremos atentos a ver que acontece con este proxecto.

Novas relacionadas

comentarios