Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Cada vez máis demandas nas concentracións de XEAL

Concentracion en Xeal
Cada vez máis demandas nas concentracións de XEAL

Acumúlanse as razóns polas que protestar aos traballadores de XEAL, que este venres volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens, no marco da súa serie de mobilizacións.

Ás demandas polo mantemento dos postos de traballo, esixindo que a Xunta recoñeza a nulidade da operación de venda de FerroAtlántica (Grupo FerroGlobe) a TPG-Ithaka; e á necesidade de que a empresa deseñe un calendario de rearranque dos fornos así como un Plan de Investimentos reais e necesarios para garantir a viabilidade das fábricas, únense outras loitas laborais.

Seguen pelexando pola readmisión do traballador despedido “inxustamente” a comezos de xuño, tras unha medida que o Comité entende como “represión sindical”.

E a todos estes únese o suposto caso de acoso sexual e laboral por parte dun alto cargo a dúas traballadoras da empresa. Unha situación que xa se dirime nos xulgados e pola que os traballadores esperan que a empresa tome medidas reais. A primeira foi a celebración o pasado xoves da mesa de negociación do Plan de Igualdade, un Plan que aló por marzo a empresa xa asegurara ter moi avanzado.

Concentracion de venres en Xeal

Novas relacionadas

Comentarios