Calcinada unha furgoneta na Pereiriña

10:23 01/09/21
Eran as 22:30h desta pasada noite cando os Bombeiros de Cee recibían a chamada do 112 por un incendio dun vehículo na Pereiriña (Cee). Unha furgoneta ardía no cruce de A Pereiriña coa estrada de Lires, na pista do colexio de A Pereiriña.
Foi unha extinción complicada, dada a carga de lume existe e os combustibles implicados, polo que se aplicou espuma para a súa extinción.
Non houbo que lamentar máis danos materiais.