Carburante para seguir berrando en silencio
Poderá berrar máis alto o seus "Gritos en silencio" o bo de Leo KcH coa axuda económica que vén de recibir da Estación de Servizo Bazarra. Julio López facía entrega dun cheque ao rapeiro de Camiños Chans para poder chegar máis lonxe ca súa música.
Un Leo que estará este sábado 8 de marzo na estrea do Rebumbio da Costa, abrindo o concerto de presentación en Camariñas da nova asociación.
E unha estación de Servizo Bazarra que segue apoiando iniciativas emprendedoras, formativas, culturais e deportivas na bisbarra. Dende os clubes deportivos O Clube Olimpia, ACB Costa da Morte, UC Cee, pasando pola peña moteira Rachando o vento, ata a Fundación Fernando Blanco...
Agora, lánzase á música!
Día da Muller en Bazarra
Ademais, este sábado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Estación de Servizo Bazarra fará un regalo a todas as mulleres que pasen pola gasoliñeira.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).