Martes. 30.04.2024
El tiempo

Carlos Lagoa, do Macrober de Cee: ”Hai que potenciar o mercado dominincal”

  • “Sacando 4 tontos, todos os empresarios tratamos de coidar aos traballadores, pola conta que nos trae”.
Carlos Lagoa do Macrober Cee
Carlos Lagoa, do Macrober de Cee: ”Hai que potenciar o mercado dominincal”

Carlos Lagoa leva 6 anos xa á fronte de dous locais no centro de Cee. A Pizzería Novo MacRober e o Deluxe son dúas das referencias da hostalería da vila da Xunqueira. Nunha ubicación privilexiada, forma parte do día a día de moitos ceenses, e malia que “Cee xa non é o que era”, e que “o inverno é moi longo”, sobrevive a base de esforzo, traballo e moitas horas de dedicación. “Case non recordo un día enteiro sen pasar polo bar”, sinala lembrando con nostalxia aqueles 4 días que colleu en 2022…

Mercado dominical

Ten claro por onde ter que ir a vila. ”O mercado dominical funciona, pois hai que potenciar o mercado dominincal”, propón. “Hai que poñer concertos, habilitar buses dende outras cidades da provincia e do resto de Galicia… Hai moitas cousas que se poden facer para darlle máis vida aínda” apunta en dirección ao Concello, tendo en conta a falta dunha Asociación de Empresarios activa.

EMPREGO

Sempre nos gusta tratar cos empresarios da hostalería o coidado do servizo e dos empregados. “É difícil atopar traballadores”, apunta, dando conta que ten 6 traballadores todo o ano e outros 3 máis no verán. “Non só en hostalería, faltan traballadores en todos os sectores, e mentres parece que a Costa da Morte vai dirixida a vivir do turismo hai moitas familias que aínda seguen pensando niso de que o meu fillo para un bar, nada”.

Con todo, non está dacordo en que as condicións dos traballadores da hostalería a día de hoxe sexan tan malas como antes. “Sacando 4 tontos, todos os empresarios tratamos de coidar aos traballadores, pola conta que nos trae”, di rotundo, canso de ter que formar e formar persoal que á primeira acaba marchando.

Calidade do Servizo

A calidade do servizo da hostaleria é outro dos cabalos de batalla da bisbarra, e aí, segundo Lagoa, ten que xogar un papel fundamental o Ciclo de FP de Hostalería que acolle dende o ano pasado o IES Ramón Caamaño de Muxía. Porque “falta moita educación. Se estás no medio do Camiño, por exemplo, non pode ser que non teñas polo menos un camareiro que fale en inglés; ou que os camareiros vaian en chándal que parece que van ao ximnasio”, valora mentres lamenta ver tanto a traballadores como clientes mirando todo o día “a lacra do juasap”.

80 hamburguesas ao día

pena Real Madrid MACNober Cee
A peña madridiista de Cee celebrando o pase do Madrid no MacRober
De 8:00 a 23:00h, “dende a pandemia os horarios acortáronse e as xentes marchan antes para casa”. A partir das 22:00h ou hai partido do Madrid, ou en Cee non hai nada”, sinala destacando que agora o bar é sede da peña do Madrid de Cee e está habendo sempre xente para ver os partidos, como o que terá lugar esta mesma noite. “Temos chegado a recibir ata 200 persoas nos dous locais un día de partido”.

“Temos unha carta ampla, con platos combinados, pizzas.. pero a especialidade so as hamburguesas, sacámolas por ducias”, dando conta de que un día normal pode chegar a poñer ata 80 hamburguesas.

Pagando a pandemia

Ten xa experiencia na xerencia dun hotel, pero o máis duro que leva vivido por agora foron os tempos de pandemia. Unha pandemia que aínda está pagando. “Cando foi da pandemia e nos ofreceron os créditos ICO non nos dixeron que iamos estar hipotecados media vida”, denuncia, facendo referencia a que aínda a día de hoxe segue sufrindo aqueles créditos que parecían salvadores, ao que se une a subda do aceite, ou da da factura da luz, que aínda lembran cando aló por agosto do ano pasado pasou de de 3.000 a 6.000 euros…

A pesar do duro que foi para un emprendedor que apenas levaba un par de anos co negocio, e tivo o detalle de levarle chocolate con churros aos empleados do Hospital Virxe da Xunqueira en varias ocasións.

Máis novas

Comentarios