"O Ciclo Dual de Cociña e Restauración do IES de Muxía abre as portas á profesionalización do sector hostaleiro e a inserción laboral xuvenil"
Luns axitado polo IES Ramón Caamaño. Unha comitiva institucional dirixida polo Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e pola Directora Xeral de FP Mª Eugenia Pérez Fernández, achegouse polo centro muxián, para coñecer as novas instalacións o Ciclo de FPB Dual en Cociña e Restauración, que levan en marcha dende comezo de curso.
Estaban invitados ao acto, entre outros, os representantes das empresas participantes no proxecto, os directores dos centros educativos da comarca, o vicepresidente do Cluster de Turismo Jesús Picallo, e o alcalde de Muxía Iago Toba e a inspectora do centro Magdalena Duarte Blanco.
A directora Pilar Mirón recibiu aos asistentes na aula taller de restauración onde o alumnado matriculado no Ciclo preparou un catering de benvida guiados polo seu profesor técnico de cociña Carlos López Martínez.
O Conselleiro tomou a palabra para destacar a importancia e a novidade que supón este ciclo na súa modalidade Dual porque abre as portas á tan demandada profesionalización do sector hostaleiro e a inserción laboral da xuventude da comarca. Tanto Román Rodríguez como Mª Euigenia Pérez presentáronse a cada un dos rapaces interesándose polo traballo que estiveron a desenvolver ao longo deste curso e desexáronlles moita sorte no comezo inminente da formación práctica nas empresas adheridas ao convenio.
Novas relacionadas