Carmen Ayala, gañadora do Primeiro Premio do Concurso Catálogo Ilustradas de Luisa Villalta
A ceesa Carmen Ayala, é a gañadora do Primeiro Premio do Concurso Catálogo Ilustradas de Luisa Villalta. Un certame convocado pola Deputación, en clave de promoción da igualdade e a través do cal se pretende recoller os nomes das mulleres máis importantes da nosa historia. Un certame que fusiona cultura e igualdade.
Así, Maruja Mallo, Sofía Casanova, Dolores Ibárruri, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, foron algunhas das mulleres retratadas e recoñecidas polas mozas e mozos, de acordo a súa traxectoria e loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Foron 50 os alumn@s de Coruña, Santiago e Ferrol os que levaron diploma acreditativo dun concurso no que participaron, retratando a mulleres pioneiras, 250 alumn@s.
Dos premiados, atopamos o retrato de Ángeles Alvariño feito pola ceesa Carme Ayala Lago, actual estudante da IES de Sar de Santiago de Compostela, formada do IES Agra Raíces de Cee.