Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cee e a AELG ríndense a Concha Blanco

2021_Concha_Blanco_reverso copia
Cee e a AELG ríndense a Concha Blanco

Fermosa, emotiva e completa a homenaxe que se vai celebrar o 12 de xuño a Concha Blanco. A escritora ceense vai vivir un momento moi especial co descubrimento dun monólito conmemorativo, a plantación dunha árbore, ou a colocación do seu nome á zona axardinada situada detrás do Mercado de Abastos da Vila de Cee, tal como decidiu o Pleno do Concello de Cee.

Ademais desta homenaxe da veciñanza, recibirá un recoñemento dos seus compañeir@s:  “A escritora na súa Terra”; celebración impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Falará durante o acto Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG, e Pilar Sampedro, que lle farán entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.

2021_Concha_Blanco_reverso AELG

Mostra na Biblioteca

Concha Blanco é unha referencia absoluta na vila da Xunqueira. Pero para coñecérmola mellor, podemos pasar dende xa ata o 25 de xuño, polo Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán", sita no 3º andar da Casa da Cultura do Concello de Cee, xa que o bibliotecario José Ramón Senra Rey vén de preparar unha completa a Mostra bibliográfica da obra da escritora ceense.

A través de algo máis de 70 libros (moitos cedidos pola propia escritora, algo que agradece inmensamente o propio Senra Rey) e diversos documentos procedentes dos fondos propios do centro bibliotecario, a mostra pretende amosar o legado cultural que está a deixar, Concha Blanco, como creadora e escritora comprometida coa nosa cultura e lingua galega. Unha autora que ao longo da súa vida escribiu narrativa para nen@s, pero tamén para adultos, así como outros xéneros literarios, tales como poesía ou teatro. Na exposición tamén teremos a oportunidade de ler as dedicatorias que a escritora realizou nas súas obras, co obxectivo de enriquecer o Fondo Local da Biblioteca de Cee.

Concha Blanco na Biblioteca de Cee

Comentarios