Cee contra as avespas e abellas
09:24 04/07/16
Protección Civil retirando un nino de Avespa Asiática en Cee
Días de “astronautas” para a xente de Protección Civil de Cee. Dúas operacións levaron a cabo esta semana na vila da Xunqueira, unha contra a temida avespa asiática, e outra contra unha amiga, a abella.
As fotos son da retirada dun niño primario de avespa asiática no campo de Sacramento. Estaba baixo un teito a uns 3 metros de altura.
E neste vídeo comprobamos como realizan, entre Prot. Civil e un apicultor, a retirada dun enxame de abellas na rúa Rosalía de Castro.
[video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2016/07/04/Retirando-un-enxame-de-abellas-en-Cee.mp4"][/video]Novas relacionadas
- 15-10-15: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- 31-08-15: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).