Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono

13:23 07/11/16
Cee, Zas, Coristanco, Santa Comba… Esta era a fin de semana da micoloxía na Costa da Morte. A pesar de que o tempo aínda non estaba preparado, asociacións, concellos, centros de formación… organizaban diferentes xornadas cos cogumelos como grandes protagonistas, destacando as Xornadas Micolóxicas Costa da Morte celebradas dende hai 16 anos en Cee. “A verdade é que a mellor exposición de cogumelos de toda Galicia é a nosa”, recoñece José Manuel Castro Marcote, un dos membros da familia da Asociación Micolóxica Pan de Raposo.
Jose Marcote facendo unha visita guiada nas Xornadas Micolóxicas Costa da Morte de Cee-Foto-Rafa Quintans
”As visitas guiadas cada vez teñen máis xente, porque a xente cada vez as valora máis esta exposición que, como digo, é a mellor de Galicia, porque poden tocalos, probalos, rompelos… Antes sempre reclamaban visitas ao monte, pero realmente no monte non ves nada, porque poden atender moi poucos e en canto se ve algo comestible xa se acabou a clase, que todos se poñen a apañar…” sorrí Marcote.
A Casa da Cultura de Cee acollía a 16ª edición destas xornadas referencia para toda Galicia. De feito, asociacións de todo o país, e Asturias, promoven esta cita como indispensable, o que fai que ademais dos habituais visitantes da bisbarra, chegue xente de todas partes do país. ”Hai xente que vén dende hai moitos anos, e repite, e mesmo vén sábado e domingo para aprender”.
200 especies na mellor exposición de cogumelos de Galicia, a de Pan de Raposo en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Foto - Rafa Quintáns
I é que esa exposición en plan “Belén”, sobre un manto herba, no que os cogumelos non perden propiedades e vistosidade durante as dúas xornadas, dá moito traballo, pero loce moi ben.
Foron, como nos últimos anos, unhas 200 especies as que encheron as mesas da entrada da CCC. ”Parecía que con este tempo non ía haber moitos cogumelos, pero durante toda a semana puidemos coller cousas máis grandes, desas que lle gustan á xente”. Durante toda a semana, un equipo de Pan de Raposo percorreu os montes de todo o país para encher de cogumelos as mesas. Chemi Traba por unha manda, Jose María Costa e Marcote pola outra, Róber Montes de Fisterra pola comarca e Manuel Pose Carracedo por Camariñas (este ano non puido saír por motivos familiares), contaron ademais ca colaboración dun hostaleiro da zona do Eume que trouxo unha ducia de especies da súa zona.
Todas as charlas tuveron boa acollida, destacando a de David Martínez Lago sobre aves, que estaba enfocada para cativos.
Marcote aínda afónico de tanta explicación, recoñece que agora chega o bo tempo para disfrutar dos fungos. “Agora debería vir o bo momento para apañar, coas chuvias e sobre todo co baixón de temperaturas, porque os cogumelos de outono non queren 25º, queren 15. Moios deles, como están asociados ás árbores, sacan o froito, é dicir poñen os cogumelos cando vén que periga o alimento, o zucre das árbores que é estas empezan a ter frío e a soltar a folla”. Así que agora si que toca saír buscar eses tesouros gastronómicos salvaxes, que si boletus, níscalos… iso si, todo con confirmación dun especialista.
En Zas, a asociación de veciños Barolo de Loroño, coa colaboración do Concello armaba, por terceiro ano, esta aposta polos cogumelos, nas que participaron 40 veciños e veciñas da zona de Zas. Baixo as indicacións de Martín Souto Souto, biólogo da USC, os asistentes adentráronse no mundo das setas cunha charla sobre as principais especies. As xornadas continuaron o sábado cunha saída polos montes de Zas na que recolleron ata 60 especies diferentes, sendo unha delas unha especie pouco vista nos últimos quince anos.
Os asistentes ás xornadas de Zas degustaron un menú a base de seta no restaurante Tívoli
Nas xornadas tamén se incluiu unha degustación de cogomelos que corriu a cargo dos cociñeiros do restaurante Tívoli de Zas. As setas foron as protagonistas dos revueltos, arroces, carnes, quichés... que puideron saborear os comensais.
Na saída recolectaronse unhas sesenta especies de setas diferentes
E as setas foron tamén as protagonistas do concurso de fotografía e de debuxo que organizaron como novidade deste ano na que houbo traballos de gran calidade. Lucas Mouro Caamaño foi o gañador do primerio premio do concurso de debuxo na categoría de 3 a 6 anos. Na categoría de 6 a 9 anos, os gañadores foron Raúl Nieto Lago (1º premio), María Calvo Caamaño (2º premio) e Leo Martínez Paz (3º premio).
No concurso de fotografía os gañadores foron Sonia Blanco Pazos, que obtivo o primeiro premio; Manu Esperante (2º premio) e Julia Pereiro (3º premio).
O Centro de Formación EFA Fonteboa de Coristanco non deixa de ser unha das grandes referencias formativas da bisbarra. Esta fin de semana tocaba cogumelos, e alumnos do centro e visitantes puideron aprender todo o posible de xoves a sábado. O xoves tocaba saída, e posterior clasificación. O sábado había charlas, unha relacionada ademais ca transformación dándolle un claro enfoque práctico e emprendedor. E o sábado houbo de novo saída para recolección, para disfrutar dun xantar completo.
Colleita da saída do EFA Fonteboa
Chemi Traba nas Xornadas Micoloxicas de Santa Comba
Este pasado sábado arrincaban as II Xornadas Micolóxicas Terras do Xallas, que continúan a vindeira semana. Na mañá do sábado houbo charla e obradoiro de coñecemento de especies autóctonas. E xa formados, o domingo preto de medio cento de "buscadores" adentráronse nos montes xalleiros para facer unha boa recolleita de boletus e outras especies comestibles.
Xornadas Micolóxicas Costa da Morte



Xornadas en Zas



Xornadas en Coristanco


Xornadas en Santa Comba

Vindeira cita, en Fisterra
A vindeira fin de semana do 12 e 13 de novembro, continúan a Xornadas Micolóxicas de Santa Comba, e ademais terán lugar as Xornadas na Fin da Terra, con actividades sábado e domingo en Fisterra.Xornadas Micolóxicas de Cee
- 2015: O cogomelo, a estrela do outono da Costa da Morte.
- 2014: Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico.
- 2013: A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo.
- 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
- Tarrelos, Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
Outras novas micolóxicas
- 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Cantares de Cego: Os alimentos salvaxes da Costa da Morte.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).