Cee di adeus á fábrica de tubos


Tantas promesas, tantas idas e vidas, tantas presas, e ao final parece que nada de nada. Vai para un ano cando o goberno de Cee anunciaba a chegada dunha fábrica de tubos xigantes á ría de Corcubión. Unha chegada que cambiaba as posturas habituais e os que normalmente criticaban estas grandes fábricas a pé de mar de contado apreciaban os postos de traballo; mentres que os que habitualmente poñen os postos de traballo por riba de todo de súpeto pensaban, supostamente, no medio ambiente.
O caso é que parece que a empresa austríaca xa ubicou a súa planta de tubos en outro país do continente asiático, concretamente na zona de Singapur. E con ela, a oferta de 15 postos de traballo.
Críticas dende a oposición
Para o BNG, a culpa é da "parálise" e "desinterese" go goberno municipal. O grupo opositor acusar "de non poñer todos os medios posíbeis o seu alcance, para que a fábrica de tubos se poida instalar no noso concello, co importante impulso que significaría para a porto de Brens e favorecer a creación de emprego".
Para o BNG, "o goberno do noso concello, adicouse en todo este tempo a pór atrancos a ubicación da empresa pólos supostos intereses urbanísiticos na zona, presentando alegacións ao plan de uso do porto, en vez de facilitar a ubicación desta, poñendo os medios necesarios para o acondicionamento de espazos, obra civil, permisos, etc".
Sen embargo, e intentando combinar fontes económicas moitas veces antagónicas, o BNG considera "que a posible chegada da fábrica, resultaría beneficiosa para a economía local polos postos de traballo que se poderían crear" e que "tendo en conta as posibilidades de marisqueo que nos ofrece, a compatibilidade de ambas faise imprescindíbel para un maior desenrolo da actividade económica".
En todo caso, aseguran que "presentará unha enmenda aos orzamentos do estado e os da Xunta de Galiza, para de novo pedir unha partida económica para o tan demandado saneamento da ría.
Novas relacionadas
- 23-09-13: Onde quedou a fábrica de tubos de Cee?.
- 08-05-13: O Presidente de Portos, único garante da chegada da fábrica de tubos de Cee.
- 29-11-13: O Concello de Cee consensuará con Portos e a empresa a ubicación da factoría de tubos.
- Hermanager Humor: Warning! Tubos Xigantes!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do BNG de Cee.