Luns. 07.10.2024
El tiempo

Cee e Malpica fanse padriños dun libro

Cee e Malpica fanse padriños dun libro

Xa vimos as interesantísimas actividades polo Día do Libro que artellaron pola Ponte do Porto, Ponteceso ou Os Muíños. Hoxe coñecemos un pouco mellor o acontecido en Malpica e mais en Cee, con actividades sempre enfocadas aos escolares.

Master Class en Cee

Nada menos que María Canosa, Miro Villar e Concha Blanco, 3 ceenses e grandes mestres da literatura infantil, foron os encargados de compartir experiencias literaria cos alumnos dos ciclos 4º e 6º de Primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo.

Conta o propio Miro Villar no seu blog As Crebas como foi a cita, na que os 3 autores procederon á lectura dos seus libros que forman parte ademais dun catálogo de obras infantís en galego.
María Canosa procedeu co seu Crebanoces; Miro fixo o propio con A cobiza do verme Noel. Concha Blanco foi máis aló e fixo unha reflexión sobre por que se decidira a escribir en lingua galega a súa obra.

Lectors padriños en Malpica

E aquí vos deixamos con este vídeo, que sempre vale máis que toda unha descrición, da Celebracion escolar do Día Internacional do Libro 2012 no CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. Xa o terceiro ano que artellan esta clase de actividades, que consisten en adxudicarlle a cada nenos ou nena un padriño ou madriña maior e que será encargado de lerlle un conto no Día do Libro.
A actividade comeza días antes coas presentacións e conversas que manteñen padriños e afillados sobre as lecturas que lles gustan... e remata como estades vendo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios