Cee e Zas quérense ben

Dúas son as propostas que nos traen os Centros de Información á Muller de Cee e Zas, unha exposición e un obradoiro de autoestima.
Exposición de Cartas de Amor en Zas

O Centro de Información á Muller organiza a exposición "Cartas de Amor" concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade. Esa exposición invita a "reflexionar e a escoitar o que o corazon nos dí, sempre pensando tamén no respecto e na liberdade das persoas que están ó noso lado".
Estará aberta desde o 9 ata o 15 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Zas.
Obradoiro "Eu Gústome" en Cee
A Concellería de Igualdade do Concello de Cee, en colaboración co CIM, organiza un obradoiro de autoestima "EU GÚSTOME".
O prazo para anotarse está aberto ata o 20 de xaneiro, e o curso, de 25 horas, desenvolverase do 20 de xaneiro ao 25 de marzo cada martes de 16:00 a 17:10h na Aula do antigo IES Agra de Raíces.
Poden preguntar no Centro de Información ás mulleres. 2º Andar - Casa do Concello ou no 607 026 795.
Novas relacionadas
- A Galería Mulleres de Muxía achéganos ao mundo de Doris Lessing.
- A Costa da Morte berrou “Nen unha máis”:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).