A Galería Mulleres de Muxía achéganos ao mundo de Doris Lessing


Segue a Galería Mulleres do Concello de Muxía achegándonos cultura en clave feminina. E precisamente diso se trata, de aprender como a historia ten grandes nomes de mulleres que cambiaron o mundo. Hoxe nos presentan á iraní "Doris Lessing" (Irán, 1919-Londres, 2013). Escritora, Premio Nobel de Literatura, no ano 2007, esta muller firmemente comprometida cos problemas de seu tempo, expresou sempre abertamente as súas conviccións políticas de esquerda.
En 1962 publica unha das súas grandes obras “O caderno dourado”, novela de referencia para o movemento feminista, que pasou a ser considerado un fito na liteartura do século XX. Lessing comprometeuse cos problemas da educación en Rodesia, coa loita contra o racismo, contra o colonialismo e contra a inxustiza. A súa obra é creada para contribuír a cambiar o mundo, para denunciar a violencia, o racismo, a discriminación ou a marxinación. As mulleres, teñen un papel relevante na súa narrativa, unha escrita que se pon da parte das “outras” para darlles protagonismo.
“Canta a herba” , “Instrucións para un descenso ao inferno”, “Memorias dunha supervivente”, “A boa terrorista”, “As aboas”, “Dentro de min” e “O vento levarase as nosas palabras” son algúns dos seus títulos máis recoñecidos.A busca da liberdade foi sempre a idea básica na imprescindible obra de Doris Lessing.
Na Biblioteca da Muller, que conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico, podes atopar:
- DORIS LESSING: ”EL CUADERNO DORADO”, EDITORIAL NOGUER.
- DORIS LESSING ”INSTRUCCIONES PARA UN DESCENSO AL INFIERNO”, Editorial VERGARA.
- DORIS LESSING: “DENTRO DE MÍ “(autobiografía).
Novas relacionadas
- Muxía arrasa nos premios de Xestión Cultural co Proxecto Buserana e a Galería Mulleres.
- Un novo certame de poesía polas Mulleres do noso tempo.
Galería Mulleres de Muxía
- Novembro 2013: A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres.
- Outubro 2013: Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2013: Un setembro heroico con María Soliña na Galería Mulleres de Muxía.
- Xullo 2013: Marta Dacosta, máis compromiso social para a Galería Mulleres.
- Xuño 2013: A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2013: Rebeca Baceiredo aporta pensamento á Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2013: A artista muxiá Eva Castiñeira na Galería Mulleres de abril.
- Marzo 2013: A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar.
- Febreiro 2013: Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2013: Exeria: a primeira peregrina cristiá estrea o 2013 na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2012: Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres.
- Novembro 2012: Un baile con Carolina Otero dende a Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2012: Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía.
- Setembro 2012: Chavela Vargas no inicio do novo curso na Galería Mulleres.
- Agosto 2012: Syra Alonso achéganos ás torturas da represión franquista dende a Galería Mulleres.
- Xullo 2012: A Galería Mulleres preséntanos á pedagoga Antía Cal.
- Xuño 2012: Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2012: Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2012: A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2012: Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía.
- Febreiro 2012: O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez.
- Xaneiro 2012: A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo.
- Decembro 2011: A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal.
- Novembro 2011: A Galería Mulleres recupera o compromiso de María Miramontes.
- Outubro 2011: A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure.
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da “Galería Mulleres” de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.
Fonte
- Concello de Muxía, da man de Viki Rivadulla.