Martes. 07.05.2024
El tiempo

Cee peregrina á Barca

Cee peregrina á Barca
O Concello de Cee infórmanos a través dunha nota que dende a administración municipal van artellar unha peregrinación á Barca de Muxía para este sábado, 1 de setembro. A saída realizarase ás 10:30h diante do Concello de Cee. O obxectivo é o de chegar á misa das 19:00h en Muxía. O xantar non está incluido, polo que cada participante deberá levar o seu. O que si está incluido é o regreso á vila da Xunqueira, que será nun autobús logo da misa e de xeito gratuito. A actividade non ten custe algún pero é necesario realizar unha inscrición previa. Para formaliar dita inscrición ou para requerir máis información sobre a actividade, hai que dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao Centro Social.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios