Unha dose cultural na previa da nai de todas as festas


Xa puxeron en marcha a conta atrás os festeiros da Costa da Morte. I é que como xa vimos nos últimos días, a Romaría da Virxe da Barca celebrarase este ano entre os días 7 e 10 de setembro. Pero como non todo vai ser troula, o Concello de Muxía presentou nas últimas horas os actos centrais da Semana Cultural da Barca.
Muxía encherase de teatro, música ou exaltacións tradicionais na semana previa á Romaría da Virxe da Barca.
Programa
A Semana Cultural dará comezo este sábado, 1 de setembro, coa representación da obra teatral Mala Hostia a carrego da Escola Municipal de Teatro de Cee.
Tamén haberá sesión de teatro o domingo 2 e o luns 3 de setembro, coas obras O médico a paos da Escola Municipal de Teatro de Muxía e A familia do Pindarico, de Dinamo Teatro.
Non faltarán as actividades para os máis cativos, i é que o martes 4 de setembro, rapaciños e rapaciñas de entre 5 e 12 anos poderán participar nunha Xornada de Xogos Tradicionais no Cabo da Vila. As inscricións deben facerse nas oficinas do Concello.
Tanto o mércores 5 como o xoves 6, será a quenda para a música tradicional, cos Regueifeiros de Bergantiños e as Pandereteiras de Muxía.
Ademáis, do 3 ao 6 de setembro abrirase no Centro Social a Mostra de traballos realizados na actividade “A volta ao mundo en 15 días”.
Novas relacionadas
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Barca 2011: Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca.
- Barca 2010: A Festa das Festas.
- Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Barca 2007: A Barca by Dani.
Outras novas
- 2012: A Xunqueira venceu á chuvia.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).