Venres. 03.05.2024
El tiempo

Cee peregrinou á Barca

Cee peregrinou á Barca
O Concello de Cee organizou na xornada do pasado sábado, 1 de setembro, unha peregrinación á Barca de Muxía. Foron unas cincuenta persoas de todas as idades, as que participaron na peregrinación dende Cee ata Muxía. Madrugaron os asistentes, pois antes de partir, recibiron unha bendición na Igrexa Parroquial de Cee. Logo comezou a ruta, duns 21 quilómetros de longo. Na metade do camiño, os participantes fixeron unha parada para xantar. E despois, logo de repoñer folgos, percorreron o último tramo do camiño. Foi arredor das 17:00h cando chegaron a Muxía. Os que o desexaron asistiron a misa, ás 19:00h. Ao rematar colleron o bus, e voltaron á casa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios