Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A AECC de Cee prepara unha nova marea verde solidaria contra o Cancro

foto Xunta Local AECC de Cee coas camisetas
A AECC de Cee prepara unha nova marea verde solidaria contra o Cancro

Este sábado 5 de outubro a Xunta Local da AECC levará a cabo a andaina "En marcha contra o cancro" que percorrerá este ano, nunha marea verde solidaria, os concellos de Cee e Corcubión. A saída será ás 10:30 horas da Praza da Muller de Cee, percorrendo en circuito circular de 5 km, parte dos paseos marítimos e centros históricos de ambas vilas.  

O evento foi presentado oficialmente o pasado venres 13 de setembro, coa presenza das autoridades locais de ambos concellos así como a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro. 

Para as persoas interesadas en participar, informámoslles que este domingo 29 de setembro, instalarase unha mesa de inscrición para andaina no centro comercial de Cee. A mesa estará dispoñible en horario dominical, de 11:00 a 14 horas, tamén está habilitada a inscrición vía online ou, se o prefiren, poden achegarse persoalmente este vindeiro martes e o xoves, de 10:30 a 12:30, nas instalacións da Xunta Local da AECC, situadas no último andar do edificio do Concello de Cee. A inscrición son 5 euros adultos e 3 euros menores de 12 anos.

Xa podedes ver aquí o itinerario da Andaina.

Cartel andaina AECC co ITINERARIO copia

Comentarios