Cee presenta o seu programa de Nadal coas Tarxetas gañadoras

08:31 17/12/10
De paso que traemos o Programa de Nadal do Concello de Cee, facémolo felicitando as navidades coas gañadoras do Certame de Tarxetas de Nadal. O xurado, composto polo Técnico de Xestión, Bibliotecario Municipal, Directora do C.I.M. e Director da Escola Municipal de Música, actuando como secretario do mesmo, con voz pero sen voto, o Técnico Local de Emprego outorgou os seguintes premios:
- Premio da categoría do ciclo infantil valorado en 25 € en material educativo, a Irene Ramón Fernández, alumna do Colexio Manuela Rial Mouzo.
- Premio da categoría de 1 ciclo de primaria valorado en 30 € en material educativo a Samuel Canosa Lojo, alumno do C.E.I.P. A Grixa de Brens.
- Premio da categoría de 2 ciclo de primaria valorado en 30 € en material educativo a Sara Fernández Sande, alumna do Colexio Uxío López. Esta é elixida para a a postal de felicitación do Concello ceense.
- Premio da categoría de 3 ciclo de primaria valorado en 30 € en material educativo a Diana Haz Iglesias, alumna do Colexio Manuela Rial Mouzo.
Programa de Nadal de Cee 2010
- MÉRCORES 22 DE DECEMBRO. Salón de Actos do Concello, 19.30h. Festival de Nadal a cargo dos alumnos da E.M. de Música.
- LUNS 27 DE DECEMBRO. Salón de Actos do Concello, 18.00h.: Festa infantil cos pallasos Tul e Pum.
- MARTES 28 DE DECEMBRO. Praza da Constitución, 16.00h. Gran festa infantil con obradoiros e inchables.
- MÉRCORES 29 DE DECEMBRO. Salón de Actos do Concello, 18.00h. Sesión de contacontos de nadal: “A bruxiña sen vasoira”.
- XOVES 30 DE DECEMBRO. Salón de Actos do Concello, 18.00h. Espectáculo de maxia co mago Gusi.
- MÉRCORES 5 DE XANEIRO 2011. Os Reis Magos visitarán tódalas parroquias do noso concello. Ás 17.00 h. terá lugar a recepción ás Suas Maxestades os Reis Magos de Oriente no palco instalado na Alameda.
Novas relacionadas
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- Este día 26 Festa do Nadal en Brens.
Fonte
- Concello de Cee.