Cee vive de novo a ocupación Palestina cunha charla-performance


Tras presentar "Palestina 2011: vivindo a ocupación" nos concellos de Corcubión e Carnota no mes de outubro, e en Vimianzo e Muxía no mes de marzo, e tras disfrutar da Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía na Costa, o Colectivo COSAL Costa da Morte quere achegar a realidade do pobo palestino a Cee.
A cita será o martes 15 de maio no Salón de Plenos do Concello de Cee. Precisamente o 15 de maio é o día da Nakba: no 1948 máis de 700.000 árabes palestin@s foron expulsad@s ou tiveron que fuxir, trala declaración do Estado de Israel por Ben Gurión o día anterior. Nada voltaría ser igual para o pobo palestino, polo que é unha conmemoración destacada nesta súa historia de cruel ocupación
Serán Ubaldo Cerqueiro e Chicha Martínez os que expoñerán as súas vivencias durante o pasado verán, utilizando as fotos tomadas na viaxe como punto de partida. Ao final da charla poderán ver unha curta-documental sobre a viaxe realizada por Alberte Pagán, un barbanzán na expedición costeira en territorios ocupados, e que traeremos coa crónica da sesión.
Ademais, o Concello que será sitiado por militares MOSAD, nunha performance que simulará a ocupación do espazo, e do tempo, sobre o pobo palestino.

Máis actividades
Ao tempo, COSAL aproveita para comentar que hai un par de charlas máis que porán fin a este curso. Aínda sen data confirmada, COSAL xa pensa en:
- "Banca ética". Hai alternativa?" Unha persoa de Panxea e/ou Fiare virán contar que é, en que consiste, que significa... Será nos últimos días de maio.
- Presentación do libro "As que rubimos montañas", editado por Implicadas no desenvolvemento: poesía de mulleres galegas e etíopes, acompañarannos algunha das autoras galegas: María Reimóndez, María Lado, ... Será en xuño.
Novas relacionadas
- Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
- “Agora que os políticos fan pallasadas, tócanos aos pallasos facer política”.
- COSAL segue espallando o conflito palestino por Vimianzo e Muxía.
- A Costa sinte a ocupación israelí en Corcubión e Carnota.
- Unha expedición da Costa toma nota do conflito en Palestina.
- 1ª Gala Solidaria: Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
Máis novas do COSAL
- Da importancia de escoitar a historia en primeira persoa: Unha viaxe ao Sáhara Occidental con Santiago Jiménez.
- Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- A Costa repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).