O Club Cee Deportes de Contacto celebrou unha fin de semana completa de Taekwon-do

21:33 09/02/24
Gran éxito do Club Cee Deportes de Contacto na organización da 2ª xornada da Liga FITE Galicia de Taekwon-do ITFU 2024. Máis de 300 deportistas dos clubs ITF Oroso, ITF Noia, ITF Liceo de Noia, Ordes Fight Club, Club Chong de Carballo e o propio Club Cee local, encheron de deporte o pavillón ceense durante a pasada fin de semana.
O pavillón municipal de Cee presentou un aspecto realmente impresionante, chegando a unha ocupación case que completa xuntando as deportistas, familiares e acompañantes durante todo o día.
Dende o concello, como colaborador, comunicaron a felicitación expresa a todos e todas os integrantes que forman parte do Club Cee Deportes de Contacto, que fan da nosa vila unha referencia no eido do taekwon-do ITF galego.