Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os ceenses descubriron a maxia do seu Camiño

Camino por Cee nas Eiras de Lires-Foto-Rafa Quintans 2
E expedición peregrina de Cee nas Eiras de Lires. Foto-Rafa Quintáns
Os ceenses descubriron a maxia do seu Camiño

Esta fin de seman tivo lugar a 2ª camiñata dentro do "Programa Cee Somos Camiño". Un programa para que a veciñanza coñeza ben o que significa o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía para os milleiros de peregrinos que pasan por aquí. Despois de descubrir por que Cee é a primeira fiestra ao Atlántico tocaba a segunda etapa que atravesa o concello ceense, entre Lires e Padrís.

O itinerario se iniciou da Ponte de Vaosilveiro en Lires (límite co concello de Muxía), xa completamente arranxado,  e rematou no lugar de Padris (Fisterra) resultando un tramo de 4 km.

Para esta segunda camiñata cubriuse o número de inscritos/as (xa antes do peche do prazo fixado para o 29), sendo un total de 22 persoas distribuidos en dous grupos de 10 persoas + 2 responsables de grupo (debido ás restricións pola COVID-19. Así mesmo o uso da máscara foi obrigatorio.

O tempo acompañou aos camiñantes, e moitos deles, descubriron este precisos tramo do Camiño de Santiago que descoñecían e que trasncorre pola parroquia de Lires.

Camino por Cee na ponte de Vaosilveiro-Foto-Rafa QuintansCamino por Cee-Foto-Rafa Quintans

Comentarios