xoves. 23.01.2025
El tiempo

A vangarda tecnolóxica faise patente nas postais de Nadal das escolas de Brens e Pereiriña

Felicitacion de Nadal das Escolinas de Cee
A vangarda tecnolóxica faise patente nas postais de Nadal das escolas de Brens e Pereiriña

Como se nos están modernizando as postais de Nadal que fan as crianzas das escolas. A chegada da Intelixencia Artificial ás Escolas está revolucionando o traballo educativo, e de feito, este ano, alumnado das escolas unitarias de Brens e da Pereiriña quixeron este ano felicitar o Nadal á comunidade educativa dunha maneira moi especial e innovadora, combinando a tradición do traballo manual coa tecnoloxía máis avanzada.

Estas iniciativas pioneiras sitúan á educación pública da Costa da Morte á vangarda tecnolóxica, gracias, en boa medida, aos  plans formativos do CFR da Coruña coa docencia que imparten Fina Paulos finalistados Premios EDUCA ABANCA e Óscar Rey, compañeiro de revolución tecnolóxica no IES de Baio. I é que ambos formaron ás mestras das escolas ceenses Ana, María e Pili, na materia.

Así, coa axuda das súas mestras, os nenos e nenas de Infantil e Primaria das escolas de Cee prepararon unhas postais de Nadal nas que empregaron a tecnoloxía NFC para conectar a un vídeo no que eles mesmos protagonizan unha felicitación dirixida á comunidade educativa. Ademais, exploraron o potencial da intelixencia artificial (IA) para crear unha poesía de Nadal totalmente personalizada, coa que acompañan as súas felicitacións nestas festas.

Vangarda tecnolóxica no rural

Dende estas escolas unitarias, destacadas polo seu compromiso coa educación personalizada e a excelencia educativa, salientan que este proxecto exemplifica como a combinación de metodoloxías clásicas e novas tecnoloxías pode transformar a experiencia de ensino-aprendizaxe. Ademais, subliñan o valor de promover unha educación pública innovadora, capaz de espertar curiosidade e motivación no alumnado.

As postais e a peza audiovisual navideña, creadas polo alumnado das escolas unitarias de Brens e Pereiriña son un exemplo de como a tradición, a creatividade e a tecnoloxía poden ir da man para crear proxectos significativos e emocionantes, reflexo do compromiso destas mestras coa formación integral dos máis pequenos.

Aquí podedes ver o vídeo das crianzas de Pereiriña e aquí embaixo vemos o de Brens:

Máis novas

Comentarios