Certame poético pola muller

09:03 02/02/11

Se a semana pasada o Concello de Cee presentaba o VIII Concurso de Pintura, esta semana a Delegación de Benestar Social e Igualdade en colaboración co CIM presentan por cuarto ano consecutivo o IV Certame de Poesía "Mulleres do Noso Tempo 2011".
O obxecto do concurso é incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Os poemas terán que ser escritos en galego, cun mínimo de 20 versos e cun máximo de 100.
Os premios establecidos son os seguintes: 1º premio: 295 €; 2º premio: 200 €; e 3º premio: 100 €
O parte xa está aberto e remata o día 1 de marzo. E poden presentar os seus traballos no rexistro do concello.
Máis información
- No Concello de Cee ou no Centro de Información ás Mulleres, ou chamando aos teléfonos 981 745 100 – 607 026 795 – 662 625 636.
Novas relacionadas
- O Concello de Cee convoca o VIII Concurso de Pintura.
- 2009: O Concello de Cee entregou os premios do Certame de Poesía .
- 2009: Lúa, o poema de Víctor Hugo Conde López.
- 2009: "O alborexar dun soño" .
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.