Venres. 29.03.2024
El tiempo

Chisco Fdez. Naval debullou o seu amor polos cetáceos na presentación do seu novo libro

CHISCO FDEZ NAVAL EN FISTERRA-FOTO-JUAN LOURO 3
Chisco Fdez Naval lendo unha pasaxe de "Ser Cetáceo" no Bela Fisterra- Foto: Juan Louro
Chisco Fdez. Naval debullou o seu amor polos cetáceos na presentación do seu novo libro

Ao nacer xa comezaron a chamalo “Cachalotiño” porque pesaba 5 kg. Aí, en Ourense, comezou a súa relación cos cetáceos, e anos despois decidiu unir a súa vida á Costa da Morte.

O escritor Chisco Fdez. Naval acodiu este sábado ao Bela Fisterra para presentar o seu novo libro. Acompañado polo editor de Bululú, José Duncan, debullou como se crea “Ser Cetáceo”, un proxecto que ten varias décadas detrás, pero que foi retomado hai 7 anos pola insistencia dun amigo.

Abriu esta nova sesión co ciclo Infinito do Hotel Literario o anfitrión Pepe Formoso, que ademais de lembrar outro amante dos cetáceos como Xosé Iglesias (un dos numerosos que non puido estar en pleno Día da Nai), agracedeu todo o que fixo ao longo dos anos Chisco pola nosa terra. De feito, o libro tamén é unha homenaxe á nosa comarca. 

CHISCO FDEZ NAVAL EN FISTERRA-FOTO-JUAN LOURO 2

CHISCO FDEZ NAVAL EN FISTERRA-FOTO-JUAN LOURO

”Un dos libros do ano”, aseguran os especialistas, realizado en clave de ensaio, e “extremandamente ben estruturado e cheo de datos”, como recoñeceu Duncan. “Aquí conflúen temos historia, arte, arqueoloxía, cartografía, paleontoloxía, bioloxía mariña, arqueoloxía… Pero o que máis me chama a atención é a voz de Chisco, potente, próxima, familiar”. "É como estar tomando un café con el".

Chisco explicou tamén a historia da portada do libro, que el mesmo fixo ás feridas dunha balea varada en Valarés en 2019, pero que parece un barco de vela.

Comentarios