Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CIG convoca unha mbilización este domingo en Cee por unha #SaidaXustadaCrise

Saida Galega Xusta fronte a crise-CIG
A CIG convoca unha mbilización este domingo en Cee por unha #SaidaXustadaCrise

Cee será unha das 18 vilas do país nas que a CIG desenvolva unha manifestación este domingo 7 de febreiro. Unha mobilización por ”unha saída galega xusta da crise”, coa intención de “esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Unha recuperación que non será posíbel sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013”.

A cita en Cee será ás 12:00h, concentración na Praza do Concello.

Comentarios