O Colectivo de Apoio a Palestina concéntrase hoxe en Cee para informar sobre a folga de consumo dos xoves

09:00 04/09/25
O novo Colectivo de Apoio a Palestina Costa da Morte, despois do éxito da Andaina realizada ata o Faro Fisterra, prepara unha nova acción para este xoves 4 de setembro. A partir dass 18:00 horas estarán na Praza 8 de Marzo do Concello de Cee, recollerendo sinaturas do manifesto polo que se solicitan medidas contra o xenocidio. Ademais, informarán á veciñanza como se pode secundar a folga de consumo mundial proposta para levar a cabo todos os xoves.
Acompañarán o acto coa actividade de "barquiños por Gaza" que consistira na elaboración da bandeira palestina con barquiños de papel das súas cores.