Colleita solidaria na peque-horta de Cee
Que importante é ir tendo contacto coa natureza dende moi pequenos. Así o prantexan as profesionais da Gardería de Cee, que levaron aos seus pequenos de colleita. Así, os pequenos estiveron recollendo as patacas, remolachas, acelgas, repolos, leitugas, etc... para ademais doalo ao comedor social. Toda unha clase de contacto coa natureza e de solidariedade.
As mestras, coa colaboración indispensable dunha muller experta en agricultura como é Esla, a nai do pequeno Fabián, levan todo o ano traballando neste proxecto e coidando ben a horta, para que as crianzas vexan o proceso do cultivo. Tiveron que regar, quitar as pedriñas, preparar a terra, etc.... Agora xa diferencian as diferentes verduras e hortalizas que teñen na hortiña, así como as súas cores e formas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).