Domingo. 23.02.2020
El tiempo

O Comedor do Eugenio López contou con só dúas cociñeiras para 242 [email protected] durante 10 días

O Comedor do Eugenio López contou con só dúas cociñeiras para 242 [email protected] durante 10 días

Dúas semanas pasou o Comedor do CEIP Eugenio López de Cee estivo baixo mínimos. A baixa por enfermidade dunha das axudantes de cociña dende 8 de xaneiro, non foi cuberta ata este mesmo xoves 22, quedando ao mando do comedor escolar só dúas persoas. Dúas persoas para dar de comer aos 242 [email protected] que utilizan cada día comen no centro de ensino…

Por sorte, tiveron a axuda de varias nais e varios pais que quixeron botar unha man, pero non impediu que as responsables do comedor mesmo tiveran que modificar o menú semanal, pola imposibilidade de realizar todas as tarefas.

A dirección do centro enviou un escrito a comezos desta semana á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informando a situación de emerxencia que se vivía no centro.

Cómpre lembrar que este comedor escolar está xestionado directamente pola Xunta (é un dos poucos que a Xunta non privatizou e puxo en mans das ANPAS), sendo as traballadores traballadoras da Xunta. Un servizo polo que as familias pagan entre 3 e 4 euros ao día.

Dase a circunstancia que as familias non poden domiciliar os recibos dos pagamentos, e teñen que recoller un formulario, selado, no centro, ir pagar ao banco, e devolver o xustificante no propio colexio.

comentarios