Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Coñecendo dende dentro de prisión as crúas consecuencias do consumo de drogas e a delincuencia

Coñecendo dende dentro de prisión as crúas consecuencias do consumo de drogas e a delincuencia
Foto interior da prisión de Teixeiro-Foto-Amnistiapresos.blogspot.com Foto interior da prisión de Teixeiro-Foto-Amnistiapresos.blogspot.com

Experiencia tan intensa como valiosa a que levan os escolares de Psicoloxía de 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco. Como fixeran hai unhas semanas os do IES Fin do Camiño, veñen de realizar unha visita ao centro penitenciario de Teixeiro. Unha visita real, que vale máis que mil charlas de prevención, que se enmarca no programa “Di k non”, e no que propios internos do módulo terapéutico e educativo “UTE”, contan en primeira persoa as súas vidas relacionadas co conusmo de drogas e a delincuencia.

A experiencia foi doble. O martes 13, tivera lugar a visita dos internos ao centro, presentando unha pequena obra dramática e un posterior diálogo cos alumnos. É ese momento, no que os internos expoñían a súas vivencias biográficas e as consecuencias do consumo de estupefacientes, cando a rapazada si que se decata de que aos comezos, un “NON” a tempo vale toda unha vida.

A segunda parte da actividade consistiu na visita ao Centro Penitenciairo, na que 20 alumnos e alumnas entraron no cárcere, comprobaron como é a cotidianidade nun cárcere, coñeceron as rutinas dun módulo terapéutico da man dos propios presos, incluso estiveron pechados nas súas celdas.
Tras unha posta en común cos presos, puderon tamén disfrutar dun pequeno concerto a cargo dos mesmos e tiveron a oportunidade de expoñer a súa valoración da visita.

”Foi unha actividade verdadeiramente enriquecedora e emocionante, na que o alumnado puido comprobar de primeira man a dureza da vida penitenciaria e as tráxicas consecuencias do consumo de drogas”, contan dende a dirección.

https://www.facebook.com/ute.teixeiro/videos/2168790296715188/?t=11

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-fin-do-camino-diknon-as-drogas/

Comentarios