xoves. 01.05.2025
El tiempo

Conferencias, música, monólogos, obradoiros e conta contos protagonizan o Mes da Fundación

Conferencias, música, monólogos, obradoiros e conta contos protagonizan o Mes da Fundación
Programa Mes da Fundacion Fernando Blanco Cee 2016 Recén estreado o curso escolar, os centros educativos de Cee xa teñen programadas unha boa parte das actividades complementarias que realizarán o vindeiro mes de outubro e que se enmarcan dentro do programa educativo-cultura "o Mes da Fundación" que organiza a Fundación Fernando Blanco de Cee e que xa vai pola cuarta edición. Ademáis, dentro do programa tamén hai actividades dirixidas ao público en xeral que desenvolverán os sábados de outubro na casa da Cultura de Cee. A primeria das citas para o público xeral será o día 1 de outubro ás 20:30 horas cunha conferencia sobre a "Arquitectura necesaria". Impartiráa Carlos Quintáns Eiras, profesor do departamento de construcións arquitectónicas da escola de Arquitectura da Coruña e León de Ouro como comisario do pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia 2016. O sábado seguinte, día 8, Mar Llinares García - doutora en Xeografía e historia pola Universidade de Santiago de Compostela - impartirá unha conferencia sobre "Os outros habitantes de Galicia: Mouros e mouras na Costa da Morte". Dentro do programa do mes da Fundación tamén hai citas musicais. Será o sábado día 15 de outubro da man de Davide Salvado - músico e percusionista -. O seguinte sábado, día 22, a cita será dobre. Ás 19 horas haberá unha ofrenda floral e unha misa na honra de Fernando Blanco de Lema no instituto que leva o seu nome. E ás 20:30 horas terá lugar na casa da Cultura unha conferencia sobre "Prevención e innovación no cancro" da man de Alfonso Mariño Cotelo - director médico do centro oncolóxico de Galicia -. E o mes da fundación despídese cun monólogo de Candido Pazó, "Que comerá o rei?". Programación para os centros educativos A primeria cita será o 7 de outubro na casa da Cultura da vila. Alí o "Dúo Aranjuez" - Siberia - ofrecerá un concerto didáctico para os alumnos e as alumnoas de 3º e 4 de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios e usuarias de Aspadex. Os estudantes de bacharelato do I.E.S. Fernando Blanco e I.E.S. Agra de Raíces asistirán o 11 do outubro aunha conferencia na que se lle falará da "Seguridade nas redes. Contratar información". O encargado de impartila é Iñaki Quenerapú; especialista en deseño gráfico e web, programación, formación TIC, mercadotecnia e redes sociais. O 20 e o 21 de outubro desenvolveranse un obradoiros sobre o sistema solar impartidos por Ciencia en Ruta e que están dixiridos para os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de primaria do C.E.I.P. Eugenio López e do C.P.R. Manuela Rial. Paula Carballeira encargarase da sesión de contos "Historias de arrepío" para os estudantes da ESO do I.E.S. Fernando Blanco, I.E.S. Agra de Raíces e C.P.R. Manuela Rial. E por último, a compañía Duende Sico fará unha sesión de conta contos, o 27 de outubros, para os alumnos e as alumnas de infantil e 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens, E.E.I. de Pereiriña e usuario e usuarias de Aspadex.  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fundación Fernando Blanco

Comentarios