Mércores. 20.11.2019
El tiempo

De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra

De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra
Primeira concentración en Dumbría por un servizo decente de pediatría Primeira concentración en Dumbría por un servizo decente de pediatría Seguimos en ruta pola bisbarra en busca do noso pediatra… Pero o positivo é que se van tecendo redes de axuda na loita social. Vimos como xentes de Zas apoian as reivindicacións das familias de Muxía; e sabemos dos contactos das familias muxiás con outras afectadas pola semellante situación co servizo de pediatría en Dumbría. Precisamente hoxe falamos cunha das nais afectadas do concello dumbriés. María Leis vén de presentar unha reclamación no Centro de Saúde da localidade, sendo unha das primeiras en facelo, pero non en preocuparse pola situación. Unha situación xa, de forma xeral, lamentable, cun servizo de pediatría semanal ordinario só durante os martes e xoves, pois comparten o profesional (puericultor, que non pediatra de especialidade) compartido con Muxía, a onde vai luns, mércores e venres. Un servizo que obriga ás familias a que, se a nena/o pasa unha mala noite de martes, teña que pedir cita e desprazarse ata Muxía, ou a Cee en caso de enfermidade. O caso é que, como acontece en Muxia, as vacacións (“un puntual proceso de oposicións”, segundo a Área Integrada da Coruña), provocan novos desaxustes no servizo nesta recta final de ano.

Problema das vacinas

”En umbría non están dando citas para vacinas nin para control de idade, o que provoca que vai haber rapaces que van estar dous meses sen vacinas… E que non teñas un rapaz ben vacinado non só repercute nel, se non pode repercutir en toda a veciñanza”, explica Leis, preocupada tamén porque “non haia citas de ontrol de idade ata xaneiro”.

O eterno problema do Rural galego

Por iso tamén están intentando mobilizar á xente, por exemplo dende a ANPA do CEIP Santa Eulalia, para ver se comeza a facer reclamacións. “É a sensacións de que somos cidadáns de segunda. Quérennos dicir que quedemos no rural, pero as miñas amigas que viven na Coruña dinme moi claro que nos seus barrios non teñen estes problemas aos que nos enfrontamos os que vivimos aquí. Eu si que teño que dicir que eu estou sen pediatra”, lamenta.

Primeiras accións

Este vindeiro luns teñen reunión co alcalde José Manuel Pequeño, e o martes, ás 11:00h realizarán unha concentración diante do Centro de Saúde.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-mobilizacion-consegue-que-os-alcaldes-de-soneira-e-fisterra-se-impliquen-na-loita-polo-servizo-de-pediatria/ https://quepasanacosta.gal/de-muxia-a-cee-para-ver-o-pediatra/ “De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra” — Que pasa na costa ““Queremos pensar que se conseguimos recuperar o pediatra en Zas estamos axudando a outros lugares que teñan o mesmo problema”” — Que pasa na costa

Comentarios