A defensa da Atención Primaria tamén se debatirá no pleno de Cee

Imaxe da manifestación deste pasado domingo en Compostela en defensa da Atención Primaria

Trala manifestación celebrada esta fin de semana, con peregrinación reivindicativa costeira incluída, tócalle aos concellos mover ficha para evitar o desmantelamento da sanidade pública galega. Nese senso, o BNG de Cee vai presentar no pleno a moción que a Plataforma SOS Sanidade Pública está promocionando na defensa da Atención Primaria.

Dende o BNG lembran que a Atención Primaria apenas supoñen o 12 % do orzamento sanitario total en Galicia, e que tralo parón por mor da pandemia, agora hai que facer un esforzo extra para recuperar as 3.000 das intervencións cirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnósticas que se tiveron que adiar.

Polo tanto, dende o BNG solicitan que se recuperen as consultas presenciais e limitar as consultas telefónicas ou telemáticas a unha actividade asistencial complementaria; que se contrate debidamente o persoal aplicando un “Plan de Mellora da Atención Primaria”, e que para todo iso se incremente o presuposto sanitario, destinado a Atención Primaria, polo menos ata o 25% do presuposto.

Novas relacionadas coa Atención Primaria