A defensa da Atención Primaria tamén se debatirá no pleno de Cee
Trala manifestación celebrada esta fin de semana, con peregrinación reivindicativa costeira incluída, tócalle aos concellos mover ficha para evitar o desmantelamento da sanidade pública galega. Nese senso, o BNG de Cee vai presentar no pleno a moción que a Plataforma SOS Sanidade Pública está promocionando na defensa da Atención Primaria.
Dende o BNG lembran que a Atención Primaria apenas supoñen o 12 % do orzamento sanitario total en Galicia, e que tralo parón por mor da pandemia, agora hai que facer un esforzo extra para recuperar as 3.000 das intervencións cirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnósticas que se tiveron que adiar.
Polo tanto, dende o BNG solicitan que se recuperen as consultas presenciais e limitar as consultas telefónicas ou telemáticas a unha actividade asistencial complementaria; que se contrate debidamente o persoal aplicando un “Plan de Mellora da Atención Primaria”, e que para todo iso se incremente o presuposto sanitario, destinado a Atención Primaria, polo menos ata o 25% do presuposto.
Novas relacionadas coa Atención Primaria
- Peregrinación e manifestación para loitar contra os recortes na Sanidade Pública Galega.
- Novembro 21: O Sergas recolle as queixas das familias e asegura que Camariñas recuperará o pediatra “nos próximos días”.
- Cando rir é un acto revolucionario.
- Outubro 21: Outro xoves de protesta ás portas do Centro de Saúde pola Atención Primaria.
- Alicia Barreiro, médica de Baio: Carta de amor e de protesta.
- Alicia Barreiro, médica de Baio: Reflexións dende un consultorio de Atención Primaria (I).
- Xarda analiza a crúa realidade da sanidade pública con voces costeiras.
- Faladoiro sobre Atención Primaria: “As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Abril 21: As familias da Costa mobilizáronse pola recuperación da Sanidade Pública.
- Abril 2021: Un himno na loita por un servizo de pediatría digno.