Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os delegad@s da CIG pediron investimentos para unha Saída Xusta da Crise

Mobilizacion da CIG en Cee por unha saida xusta fronte a crise
Os delegad@s da CIG pediron investimentos para unha Saída Xusta da Crise

Este pasado domingo, baixo un día gris e húmido, os delegados da CIG da Costa da Morte participaron nunha concentración por ”unha saída galega xusta da crise”. Unha mobilización convocada a nivel galego en 18 cidades, que incluía a cita ás 12:00h na praza 8 de marzo de Cee.

A pesar do mal tempo hoibo moita participación, con delegad@s de todas partes da bisbarra, que berraron por “investimentos na Costa da Morte XA!”, como lucían os cartaces que despregaron individualmente.

Unha mobilización por ”unha saída galega xusta da crise”, coa intención de “esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Unha recuperación que non será posíbel sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013”.

Comentarios