Denuncian a falta de cumplimento do pacto laboral de Portos cos traballadores de Brens
Continúan os problemas laborais no porto de Brens que xa denunciaba a CIG hai 5 meses. Esta semana, a Confederación Intersindical Galega que obstenta a representación legal dos traballadores no Servizo de Estiba de Corcubión dependente do Ente Público Portos de Galicia, vén de solicitar unha reunión co Presidente de Portos de Galicia para trasladar e reiterar as diversas denuncias realizadas ante o organismo que preside polos incumprimentos do pacto regulador das condicións laborais que está asinado entre os Traballadores o Ente Público e as Empresas Cargadoras.
Segundo sinala o sindicato, "o Pacto Regulador en vigor fixou unha plantilla mínima de estibadores que o ente público está a incumplir de maneira reiterada e grave".
A situación parecía estabilizarse co remate da ampliación do Porto de Brens e o significativo incremento de actividade portuaria, con previsión e tendencia a aumentar tanto no tráfico como no incremento de mercadorias. Pero consideran que "en ningún caso esos datos positivos xustifican o incumprimento do mantemento da plantilla mínima fixada e todas aquelas cuestións que temos prantexado de condicións laborais e relativas a operativa e de intrusismo laboral e empresarial".
Así, ante o estancamento das negociacións que levan paralizadas case un ano, a CIG solicita directamente a reunión co Presidente entendendo que os temas a tratar teñen "unha transcendencia o suficientemente importante como para que o propio presidente se implique directamente neles co fin de darlles solución".
Novas relacionadas
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
- Denuncian o recorte de persoal a pesar das aparentes boas cifras do Porto de Brens.
- Por unha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens.
- As cifras avalan o porto de Brens.
Máis novas
- Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?.
- O cruceiro da discordia que chegará a Cee.
Fonte
- U.L.CIG-Cee.