Martes. 23.04.2024
El tiempo

O cruceiro da discordia que chegará a Cee

O cruceiro da discordia que chegará a Cee
Cruceiro Le Boreal-Foto-Aquiles Garea

Este vindeiro 7 de maio, o porto de Brens acollerá o primeiro Cruceiro que atraca na Costa da Morte. Unha das potencialidades propostas no Plan de Usos do Porto de Brens parece que comeza a convertirse en realidade. Unha potencialidade fantástica para o sector turístico da zona, que terá que adaptarse a un grupo de centos de visitantes.

Unha boa nova, dende logo, pero a fractura do pleno do Concello de Cee explícase con cousas como estas. Onte facíao público o grupo de goberno do PP, e hoxe a Asemblea Nacionalista de Cee reivindica o traballo realizado, e de paso critica o que entende como "clientelismo institucional do Partido Popular".

ANC apunta que "en xuño de 2012, o portavoz de ANC, Daniel Oca, daquela Tenente de Alcaldesa do Concello de Cee, acudiu a unha reunión coa Xefa da Zona Centro en Portos de Galicia, Lorena Solana Barjacoba. O portavoz nacionalista acudiu para consultar a posibilidade de que cruceiros de pequeno tamaño puideran atracar en Brens­Cee. Acordouse que lle requerira, mediante correo electrónico, un listado de empresas consignatairas de buques. O mail foi enviado o 22 de xuño de 2012".

Aseguran que este foi o primeiro contacto da Costa da Morte para conseguir acadar cruceiros coma este. "Posteriormente, nalgunhas das visitas que os responsables de Portos realizaron ao Porto de Brens, Oca insistiu no requerimento, que nunca foi contestado", lamenta en todo caso.

Pero conta que "o que si ocorreu foi que o Presidente de Portos de Galicia comezou a falar da posibilidade de que cruceiros de pequeno tamaño fixesen escala en Brens", asegura Daniel Oca, quen conclúe que "en definitiva, o PP, sin nigún tipo de pudor, apropiouse da iniciativa do noso grupo para o seu propio proveito. Esta forma de actuar, partidista, desleal e noxenta, foi unha das razóns que nos levou a abandonar o pacto de goberno en Cee".

Por isto, dende ANC comparan a situación co refrán, “unos cardan la lana y otros llevan la fama”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Comentarios