Denuncian a presenza dun acosador arredor dos IES de Cee
15:12 04/11/22
Convulsa a pasada mañá de xoves na vila da Xunqueira. Un home de 80 anos era levo ao calabozo tras ser denunciado por acosar a unha menor, nos arredores do IES Fernando Blanco.
Foi o Conserxe o que se decatou de que unha das alumnas, de 13-14 anos, á entrada do centro, estaba conmocionada, e lle preguntou que pasara. A familia achegouse ao centro e foi presentar denuncia ante o Cuartel da Garda Civil.
A Policía Local que foi a identificou ao acosador, e a Garda Civil levouno á comisaría onde pasou a noite, pero foi posto en liberdade está mañá de venres con medidas cautelares, principalmente non poder achegarse a centros escolares.
Segundo fontes cercanas, o home é reincidente, pois xa tivo unha denuncia en 2018 por un caso semellante.