mércores. 30.04.2025
El tiempo

Doble cita coas documentais costeiras de Hipólito Patiño

Doble cita coas documentais costeiras de Hipólito Patiño
Hipólito Patiño presenta as súas documentais en Cee

Interesante a doble sesión de documentais ambientados en Cee e na Costa da Morte, que terán lugar esta fin de semana en Cee. I é que o autor é unha persoa moi especial. Hipólito Patiño (Corcubión, 1936) foi buzo profesional desde 1950, profesión que o levou a percorrer España traballando en grandes obras (Bilbao, Vigo, Cartaxena, Barcelona...). Unha vez xubilado, segueu a percorrer o país, pero esta vez filmando paisaxes, xentes, costumes... chegando a realizar máis de 500 documentais.

Algúns dos seus traballos, como a serie "España insólita" foron emitidos por televisión na comunidade valenciana, na que residiu varios anos antes de afincarse definitivamente entre nós.

Proxeccións en Cee

  • Venres 14 decembro. Salón de Actos do Concello. 20.00h: "Camiño romántico da raíña Lupa" e "Festa de Nosa Señora do Carmen en Cee (2008)".
  • Sábado 15 decembro. Salón de Actos do Concello. 20.00 h.: "Cee, entre a terra e o mar" e "Buzos da Costa da Morte (1933-1974)".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios