Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dous alumn@s do Manuela Rial fanse con sendos premios do Certame de Relatos Curtos de CocaCola

Adriana Vilar e Anton Pose do CRA Manuela Rial nos Premios Cocacola
Adriana Vilar e Antón Pose
Dous alumn@s do Manuela Rial fanse con sendos premios do Certame de Relatos Curtos de CocaCola

Ademais do premio a un monólogo de Farándula Velutina, a Costa da Morte levou outro galardón nos premios de “Novos Talentos da Fundación Cocacola. Desta volta é no Concurso de Relato Curto, no que o 2º e 3º Premio deste prestixioso concurso literario viaxaron para Cee da man do alumnado do Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo.

Antón Pose Baliña, alumno de 3º ESO do Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo recibiu o 2º premio do Sector Coruña da 12º Edición do nomeado concurso. Adriana Vilar Figueira, alumna de 2º ESO do mesmo centro acadou o 3º premio do Sector Coruña.

Ambos foron agasallados no transcurso dunha gala Virtual, celebrada este venres 11 de xuño, á que se conectaron on line os diversos centros educativos.

Os seus traballos de creación literaria sobresaíron dentro dos 316 relatos participantes de toda a comunidade galega nunha edición na que, por mor das circunstancias derivadas da Covid 19, se apostou pola dixitalización. Os novos escritores e escritoras tiveron que expresarse a través dos equipos informáticos e conectarse en tempo real o día da proba. Mais, tampouco iso mermou a súa creatividade.

Novas relacionadas

Comentarios