Luns. 06.05.2024
El tiempo

Dúas propostas costeiras entre as finalistas aos "Grammy galegos"

Aldaolado a dereita co resto de finalistas Indie e Pop
María Lado e Lucía Aldao, a dereita, co resto de finalistas Indie e Pop
Dúas propostas costeiras entre as finalistas aos "Grammy galegos"

Os Premios Martín Códax da Musica que outorga a Asociación Músicas ao Vivo, xa teñen finalistas da súa X edición. Entre eles temos dúas propostas costeiras: AldaoLado na categoría “Pop e Indie” e Apart en “Blues, Funk e Soul”.

Aldaolado é o proxecto musiqueiro-poetico da ceense María Lado e a herculina Lucía Aldao.

Apart en
Á dereita Pedro Ramos (batería) e Daniel Barreiro (teclados) como membros de Apart co resto de finalistas da súa categoría

Mentres, a banda carballesa Apart, que estreaban tema a semana pasada, están de doble noraboa, pois veñen ademais de proclamarse gañadores do concurso Super Bock Music Unlock e se suman ao cartel da 27ª edición do festival portugués Super Bock Super Rock. O festival, que se celebrara en Meco (Lisboa) entre o 14 e o 16 de xullo, ten bandas como The Offspring, Franz Ferdinand ou CHIC.

A entrega destes chamados “Grammy gallegos” será o vindeiro 7 de xuño en Pontevedra.

Comentarios