Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo

Apart lanza "Hasta que arda", o seu primeiro tema en castelán

Hoxe xa temos en todas as plataformas dixitais (Spotify, Apple Music, YouTube) o novo lanzamento da banda carballesa Apart. ”Hasta Que Arda”,, a primeira canción que o grupo publica en castelán (adoitan ter as letras en inglés), é o sinxelo que dá título ao seu novo traballo de estudio.

Trátase dunha canción de estética pop, melódica e pegadiza, pero que mantén a esencia da banda a través da enérxica voz de Inés Blanco e a afiada guitarra de Robin Mallo.

A presentación do novo traballo será no Maravillas Club de Madrid o vindeiro 12 de maio, onde compartirán escenario coa madrileña, tamén con raíces carballesas, Vegan Wolves.

MÁIS NOVAS MUSIQUEIRAS

NOVAS DE APART EN QPC

Apart lanza "Hasta que arda", o seu primeiro tema en castelán