É a hora, é o momento...
07:08 04/11/16
Instalacións de Ferroatlántica no Ézaro
Nos últimos días son moitas as novas que se xeran sobre a posible segregación e venda das centrais que a empresa Ferroatlántica ten na Costa da Morte despois de que os traballadores se puxeran en alerta tras o anuncio da apertura dunha nova fábrica de silicio en Sabón. A este respecto, Serxio Domínguez Louro - concelleiro en Cee e responsable comarcal do BNG - remitiu á redacción de QPC a seguinte carta:
Non é novo para o BNG o que está a pasar con Ferroatlántica, é a consecuencia do que vimos avisando fai xa tempo, a separación física da produción de enerxía e as fábricas de ferroaliaxes.
Tralos últimos acontecementos, nos que queda clara a intención de Villar Mir de vender as centrais do Xallas para tapar os buratos económicos da súa construtora, e ademais, investir en Sabón e Puertollano (propiedade do seu xenro), TEMOS TOD@S un problema dos grandes, tan grande que pode significar a “MORTE” da Costa da Morte.
É necesario calibrar exactamente, a magnitude da posible desaparición da actividade en Brens e Dumbría. Vivimos nunha comarca que pasa por ser das mais atrasadas, económicamente falando, do país. Os datos que saen nos medios cada pouco, dan proba diso. Cada día menos peixe no mar e menos barcos que dean traballo, menos explotacións gandeiras, e as que quedan malviven por non poder producir en condicións, a actividade industrial segue ausente, o turismo, aínda que importante, segue a ser estacional, resumíndoo moito, menos oportunidades de facer vida onde nacemos. Pola contra, si somos punteiros en desemprego e en emigración.
Somos cada día menos, os e as que aínda habitamos neste esquecido recuncho.
Non creo, para nada, na teoría de que as fábricas serán realidade mentres sexan competitivas, e non pola capacidade humana que hai nelas, que me consta que é boa, se non porque creo na outra teoría, na que di que hoxe é imposible competir, neste mundo sen fronteiras, con países onde a man de obra e os custes enerxéticos son moito mais baratos. Pero podemos contrarrestar iso, para iso temos recursos naturais que debemos usar para manter viva a produción das fábricas, temos ríos que ELES aproveitan para converter a auga da nosa choiva, en suculentos beneficios, e mal que lles pese, a auga e os ríos son de aquí e non de Madrid.
Con este panorama chegou o momento da acción, é hora de dicirlle a quen nos goberna, a Feijoo SI, que non hai maioría absoluta que poida hipotecar o futuro dos nosos fillos e fillas aquí, en Cee e na comarca. É preciso concienciar a todo mundo de que si as fábricas non están, o comercio local desaparecerá, que os bares e restaurantes non terán a quen atender, que os hipermercados non terán a quen vender os seus produtos, e así con todo o tecido comercial. Trala desaparición das industrias, irá o peche en cadea da maior parte deles.
De se facer realidade, o efecto dominó que se produciría sería inmenso, terrible.
O futuro está aínda nas nosas mans, si somos quen de parar as intencións espurias de imbéciles e escuros, e para iso compre unión e mobilización. Fagámolo por nós e polos que veñan despois.
- Serxio Domínguez Louro, Concelleiro en Cee e responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego.
Novas relacionadas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Serxio Domínguez, concelleiro en Cee e responsable comarcal do BNG