Emotivas despedidas dos alumnos de Cee
Chega o verán e rematan os cursos escolares. Días de despedidas, de choros e risas, de tristura por un lado pero alegrías polo outro. Días de cambio, en todo caso, como o vivirán os alumnos do 2º de Bacharelato de toda a volta. Xa ca Selectividade lista, toca a Gradación nos centros, como no IES Agra de Raíces de Cee, onde onte tiña lugar ese emotivo acto culminado ca música dos rapaces de Anakrusa, xa unha referencia na vila.
O curso que vén tocaralles a moitos emigrar para seguir estudando polas cidades do país.
Os peques de Brens
Estes outros volverán o ano que vén serán os rapaces do CEIP A Igrexa de Brens, que onte celebraba o festival de Fin de curso. Non faltaron cancións, baile, obra de teatro, proxeccións das actividades de todo o curso e despedida dos de 2º. E como punto final co patrocinio da Sociedade Deportiva Cultural de Brens festa con inchables.
Novas relacionadas
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- Unha tarde deportiva por solidariedade co Agra Solidario.
- Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).