En Cee, os pequechos rodan sobre patíns

08:18 28/02/11

En Cee todo o mundo mantense en forma. Se por unha bandas as mulleres do concello fan ximnasia tódalas semanas, pola outra, os máis pequenos fan rodar as rodas dos seus patíns no Pavillón Municipal.
Aquí vemos un dos grupos de nenos/as que participan na EDM Patinaxe do Concello de Cee. Esta actividade, que se atopa dentro do Programa Deportivo Municipal para o actual curso, conta cuns 55 rapaces de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos.
Esta escola desevólvese todos os mércores no Pavillón do I.E.S. Agra de Raíces de Cee en diferentes horarios:
- Grupo A (5-8 anos): das 17.45 ás 18.30 h.
- Grupo B (9-14 anos: das 18.30 ás 19.15 h.
Novas relacionadas
- O Mar volve ás Escolas de Cee dende a ría de Corcubión.
- Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte.
- Cee prepara o seu Entroido.
- 17 mulleres de Cee mantéñense en forma coa Ximnasia de Mantemento.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee da man de Manuel Calo.