O Mar volve á Escola dende a ría de Corcubión

16:59 26/02/11
Volve a porse en marcha unha das actividades formativas máis interesantes da Costa da Morte. O feito de levar o mar ata as aulas é unha proposta enmarcada no intendo de Cataventos Escola de Vela e o Clube Marítimo Carrumeiro de achegar o mar a toda a poboación da bisbarra. A última aposta por levar o mar ata a porta dos centros para discapacitados Apem e Aspadex é todo un exemplo de por onde van as intencións.
Presentación de "O Mar na Escola" 2011
Este pasado venres 25 de febreiro celebrouse a presentación do programa O Mar na Escola 2011. Trátase dun proxecto de Cataventos dirixido a alumnos dos colexios Manuel Rial Mouzo e Eugenio López de Cee, que conta co patrocinio de Ferroatlántica. A iniciativa, coa que tamén colabora o Concello de Cee, desenvolverase durante os meses de marzo, abril e maio. Ao acto de presentación, celebrado na sede do Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, acudiron o alcalde de Cee, Ramón Vigo; o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete; os directores dos colexios e os responsables de Cataventos, Marcos Trillo e Noemí Bermúdez de Castro. O proxecto nacía o ano pasado e varias escolas de Cee e Camariñas adheríanse ao mesmo e incluían nos plans de estudio a navegación. Este curso serán un total de 70 alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO dos colexios Manuela Rial Mouzo e Eugenio López de Cee, así como dos colexios de Camariñas (CEIP O Areal e CEIP Pontee do Porto e o IES Pedra dá Aguia), os que aprendan en horas lectivas navegación e facer prácticas á vela nas augas da ría de Corcubión. As horas incluiranse dentro da materia de Coñecemento do Medio, nunca mellor traído. Ademais de navegar, os nenos aprenderán a facer nós mariñeiros, normas de seguridade, nomenclatura náutica, achegamento á cultura mariñeira e os ventos.Regata final
O programa concluirá coa celebración dunha regata na que participarán os colexios de Cee e os centros escolares de Camariñas tamén beneficiarios do programa. A competición celebrarase na ría de Corcubión o vindeiro sábado 4 de xuño.Apoio de Ferroatlántica
Como explicaron os responsables de Cataventos, "con esta actividade preténdese achegar á mocidade de Cee outro punto de vista dun medio no que conviven e que lles pode achegar grandes satisfaccións e un coñecemento máis profundo do seu pobo e a súa contorna, ademais da introdución á náutica de recreo, centrada na vea como un deporte", noutro exemplo de como a veciñanza se beneficia da responsabilidade social corporativa da empresa máis grande da bisbarra.O Mar na Escola 2010
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola .
- I Competición en Idade Escolar 2010: As escolas de Cee e Camariñas saíron ao mar nas Ría de Corcubión.
- Estudiando o mar na Escola.
- O Clube Marítimo Carrumeiro forma e compite.
- Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos:
- Cataventos achega o mar e a vela ás escolas da bisbarra.
Novas relacionadas
- Os equipos de Optimist e Omega do CM Carrumeiro izan as velas.
- En marcha a Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión.
- Apem e Aspadex achéganse ao mar con Cataventos.
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.