En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos
Obra en marcha, foto ao canto. Como lles segue a gustar aos políticos da zona. Xa o vivimos a pasada semana co alcalde de Muxía (PSOE) e a famosa "primeira pedra" do, neste caso, Parador. Onte foi o Conselleiro de MATI Agustín Hernández (PP) o que se achegaba a zona para visitar as obras da VAC.
Ao tempo os populares de Cee critican a visita do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, para ver como van as obras da base do helicóptero de Lires. Para o PP, "Caamaño utiliza os seus últimos días no Ministerio para promocionarse como cabeza de lista do PSDEG" considerando a acción unha "tomadura de pelo porque apenas hai construído un 20% do heliporto".
Os terreos deste heliporto xa foron cedidos por vía de urxencia a finais de 2010, por iso non se entende que un ano despois e a poucos días de que conclúa o período de inauguracións, queiran tomar posesión deles. Para Zaira Rodríguez, o diñeiro que se gastan estes ministros en publicitarse a si mesmos, "debería investirse en finiquitar as obras que teñen pendentes na Costa da Morte".
Novas relacionadas
- 31-03-2010: Fomento recupera a base de Salvamento de Lires que rechazou a Xunta .
- 23-09-11: Un repaso ao estado da Autovía Costa da Morte.
- Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.
- Una falsa alarma mobilizou en Fisterra un amplo dispositivo dos servicios de emerxencias.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Cee.