A Escola de Música de Cee amosa este martes o seu repertorio no seu Festival de Nadal
14:39 15/12/25
Este martes 16 de decembro, ás 19 h, a Escola de Música Municipal de Cee celebrará o festival de nadal.
Participarán un gran número de alumnos da escola tocando tanto como solistas como formando parte de diversos grupos instrumentais.
Trátase de amosar o traballo feito polos alumnos da escola durante este 1º trimestre do curso.




